As organizacións sindicais asinantes queren expresar a súa solidariedade ao grupo de traballadores da empresa PANRICO en Santa Perpetua de Mogoda (Barcelona), pola súa forte loita contra os despedimentos e os recortes salariais, e fai un chamamento a toda a xente traballadora para que apoie as súas xustas demandas e a folga de máis de cinco meses que están a levar a cabo os seus compañeiros.
A dirección de PANRICO elabora un brutal plan de viabilidade contra a forza de traballo. O ERE contempla a destrución de 745 empregos e a redución de 18% de salario. Todo o persoal de Santa Perpetua rexeita as propostas da dirección da empresa e desafía o ERE. O xuízo correspondente será o 20 Marzo ás 10,00 horas na Sala do Social da Audiencia Nacional.
Chamamos a todos os traballadores e sindicatos de Madrid a solidarizarse cos compañeiros de PANRICO, concentrándose no día do xuízo.
20 MARZO – 10 horas, AUDIENCIA NACIONAL C / GOYA, N 14
SOLIDARIDADE CON TRABALLADORES DE PANRICO
NON AO ERE!!! . SEN RECORTES, SIN DESPEDIDOS
CGT, Intersindical de Aragón, CO.BAS, CSC, Solidariedade dos Traballadores
fonte rojoynegro.info
Sentímolo, O formulario de comentarios está pechado neste momento.