Comezamos a xornada coas profesoras do Centro de Recursos Pedagóxicos Libertarios Josefa Martín Luengo, na súa versión MIMULUS. Cometas, placas, mural colectivo, pintura facial… todo para os máis novos, un traballo extraordinario dun grupo de mulleres e homes que deixaron a súa pegada en nós.
Despois da animación infantil chegou o momento de recuperar forzas e fixémolo co popular chorizo, compartindo entre compañeiros, unha pequena charla e intercambio de opinións sobre MIMULUS.
Rematamos a xornada coa proxección do documental “Vive a utopía”. Todo o mundo debería ver o que fixo a burguesía, o que fixeron os anarquistas e as vivencias dos que de primeira man, aínda que só fose por uns meses, viviron a UTOPÍA.
Sentímolo, O formulario de comentarios está pechado neste momento.