Nov 212013
 

CGT tentou sen éxito na reunión mantida coa empresa KONECTA reconsiderar a decisión de despedir a Amaya Muñoz. O sindicato entende que non queda máis remedio que acudir aos tribunais e saír á rúa para defender os seus dereitos e os de toda a clase traballadora..

Os feitos remóntanse ao pasado 25 outubro, cando xusto ao rematar a súa xornada laboral Amaya foi despedida pola súa empresa, pertencente ao grupo empresarial KONECTA e cuxo máximo accionista é o Banco de Santander.

O que podería parecer outro despedimento, nun grupo empresarial onde os traballadores son despedidos a diario na maioría dos casos sen facer caso da lei, agochaba un drama persoal ao que non é allea boa parte da cidadanía do Estado español. Amaya tamén perdera a súa casa uns días antes, En concreto, foi desaloxada cunha presenza policial e mediática moi notable no día 11 de setembro.

Le todas as novas en rojoynegro.info

Ir a casa

Sentímolo, O formulario de comentarios está pechado neste momento.